Seguimos vendo como descarga o río Portapego as suas augas cobrizas no río Lañas camiño do #rioUlla ; vímolo amosando dende hai anos, o que demostra que o derraeiro invento do chamado «Proxecto de drenaxe» non funciona, tampouco.
🥹Como tampouco funcionaron os anteriores intentos de «facer que fan», cando realmente detras hai outra intención, como pode ser autorizar un vertedoiro, autorizar unha mina, ..
Poderiamos poñer tamén o río das espumas brancas, río Ameiro, as gretas da balsa sellada, que din que son pluviais, a balsa de Bama, dias haberá para elo… todo sigue igual
Xunta de GaliciaConsellería de Medio Ambiente e Cambio ClimáticoGardería Fluvial/Augas de GaliciaGalicia Crece é moi evidente, nin coas axudas públicas, nin co favor da Administración, nin coas revisións das revisións guiadas e asesoradas, nin coas publireportaxes, os tik-tok, e demáis #greenwasing se pode ser capaz de tapar semellante situación.
A natureza, a auga, o aire, buscan como saír e manifestar as súas feridas e deixar en evidencia a quen llas fai, é inevitable ir contra ela. Por moito que queiran tapar, disimular, obviar, ocultar, disfrazar, engañar, … a evidencia é terca e sae.




Asi se celebra en Touro el artículo 45 de la Constitución
A mina foi declarada #inviable e sigue sendo inviable.