A marquesiña de Magoi, case un ano inutilizada, é outro exemplo do abandono do goberno local no mantemento de elementos de servizos básicos

 A marquesiña do bus urbano situada na Avenida de Magoi —entre rúa Valiño e Afonso X O Sabio— leva case un ano inutilizada tras un accidente. Está inclinada, non se pode empregar  e, o máis preocupante, supón un risco nunha zona moi transitada, ao lado dun supermercado.

Desde o Grupo Popular rexistramos un rogo en comisión para que se repare ou substitúa de inmediato. Non pode ser que algo tan sinxelo leve tantos meses sen atención. Lugo merece un mantemento digno, non esta deixadez continua no día a día.

Falamos dun elemento básico dun servizo público, non pedimos nada extraordinario: só que se manteñan as infraestruturas mínimas que usa a veciñanza

Comparte éste artículo
No hay comentarios