Este espazo está en penumbras xerando inseguridade e transmitindo unha imaxe que non está á altura da cidade
A área de autocaravanas da Ronda da República Arxentina —nas inmediacións do Pazo Municipal dos Deportes— presenta unha iluminación totalmente insuficiente. As imaxes falan por si soas: a zona está practicamente ás escuras, dificultando a mobilidade, incomodando aos usuarios e xerando unha sensación de inseguridade que non debería existir nun espazo público.
Falamos dun punto estratéxico para visitantes que chegan en autocaravana a Lugo e tamén para a veciñanza que acode ao Pazo. Manter unha iluminación axeitada é o mínimo para ofrecer unha boa imaxe e garantir un uso seguro.
Por este motivo, presentamos un rogo na comisión correspondente para que se incremente a iluminación en toda área