A reunión semestral de Alistore-European Research Institute celébraseeste xoves e venres na Reitoría da Universidade da Coruña, baixo a coordinación do investigador do CICA, Israel Temprano.
A Coruña acollerá mañá, 11 de decembro, o inicio da reunión internacional da rede Alistore-EuropeanResearch Institute (Alistore-ERI), que reunirá durante dous días a máis de 70 especialistas europeos en almacenamento de enerxía. O encontro, de carácter estritamente privado, celebrarase na Reitoría da Universidade da Coruña e está organizado pola Vicerreitoría de Investigación da UDC, o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) e a Cátedra Resonac-UDC, coa coordinación de Israel Temprano, investigador Beatriz Galindo no grupo LISTE (Laboratorio de Investigación de Sistemas para la Transición Energética) e director da dita Cátedra.
Durante as dúas xornadas nas que se desenvolverá o evento, persoalinvestigador de universidades e centros internacionais de referencia presentarán os avances máis recentes en materiais para baterías, tecnoloxíasde almacenamento e novos retos asociados á transición enerxética. A cidadeda Coruña convértese así nun punto relevante da rede europea que lidera a innovación en enerxía electroquímica.
Ciencia en Movemento: actividades abertas ao público
En paralelo ao encontro científico, e coa vontade de achegar o coñecemento á sociedade, desenvolverase o programa divulgativo Ciencia en Movemento, organizado polo CICA e impulsado tamén dende a UDC e a Cátedra.
As actividades terán lugar na Biblioteca Municipal Durán Loriga, con propostasdirixidas a públicos de todas as idades:
– Venres 12/12, 19:00–20:00 — Charlas sobre baterías de nova xeración e a historia das baterías, impartidas por Israel Temprano, investigador Beatriz Galindo do CICA, e Rosa Palacín, investigadora no Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona (ICMAB).
– Sábado 13/12, 11:30–13:30 — Obradoiros científicos para familias: “Experimenta coa enerxía, a luz e o movemento”. Actividades prácticas con baterías, nanomateriais, electricidade e xogos científicos.
Todas as actividades divulgativas son de acceso libre ata completar aforo.
Sobre o CICA
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) creouse en 2015 como un centro de investigación de ciencias avanzadas que conta con máis de 200 investigadores e investigadoras pertencentes a tres áreas científicas: Biomedicina; Alimentación, Contaminación e Saúde; e Nanociencia e Materiais Avanzados.
Desde 2024, o CICA conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación.
A excelencia investigadora, a transferencia tecnolóxica e a transmisión de coñecemento á sociedade forman os tres piares sobre os que se fundamenta o centro de investigación. É recoñecido pola atracción de talento, a visibilidade da muller científica e a promoción da igualdade de xénero, contando cunha presenza feminina superior ao 50%.
A Cátedra UDC –Resonac Sparking Truth
A Cátedra UDC–Resonac Sparking Truth ten como misión principal impulsar a investigación aplicada no ámbito da enerxía, con especial atención á transición cara a fontes limpas e renovables. Dirixida polo Israel Temprano, Group Leadere principal investigador no CICA e co-dirixida por Alba Tuñas, Head of BatteryBusiness Development at Resonac (A Coruña), a cátedra naceu en setembro de 2024 da sinerxía entre Resonac GBU e o Grupo de Investigación en Sistemas para a Transición Enerxética (LISTE) da Universidade da Coruña (UDC). Esta colaboración ten como obxectivo desenvolver novos materiais e tecnoloxías que melloren a eficiencia e a sustentabilidade dos sistemas enerxéticos, como baterías. Ademais da investigación, a cátedra tamén impulsa a formación de talento especializado e a transferencia de coñecemento entre a universidade, a industria e a sociedade en xeral.