O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado polos edís Maite Ferreiro e Alexandre Penas, e por Efrén Castro, Vicepresidente da Deputación, presentaron xunto cos representantes da Asociación de Emrpesarios e Comerciantes da Milagrosa a pista de xeo que se instalará no barrio como «unha nova iniciativa de lecer para o Nadal», segundo explicou Arroxo.
Lugo contará deste xeito cun espazo de 200 metros cadrados para practicar a patinaxe sobre xeo. A pista, que abrirá nos próximos días terá un horario de funcionamento de 16:30 a 23:00 de luns a venres, e as fins de semana de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 23h, mentres que nos días de noiteboa e fin de ano, o peche será ás 18:00.
A idade mínima para utilizar a pista de xeo será de 3 anos, e as nenas e nenos entre 3 e 5 anos deberán estar acompañados por unha persoa adulta. A pista terá unha cabida máxima de 50 persoas. Disponse de botas desde o número 26 en adiante, e para números inferiores disponse dun suplemento de dobre coitela ó zapato do usuario que otorga un mellor equilibrio.
Con esta iniciativa, a Tenencia de Alcaldía amplía a «importante programación de Nadal», que conta con «14 actividades que danforma ao Nadal, actividades pensadas para todos os públicos, que reforzan os espazos culturais da cidade e impulsan a participación social».