.O BNG presentou a campaña «Mellor Local, Mellor Galego» “Aposta polo noso, sairás gañando” coa que se anima a consumir produtos galegos e no comercio de proximidade durante estas datas festivas, mais tamén no resto do ano. O BNG lanza todos os anos esta campaña de promoción «nas datas previas ao Nadal, cando damos a coñecer as propostas que deseñamos para apoiar e incentivar a compra do produto local feito en Galiza», explicou Olalla Rodil
A deputada nacionalista do BNG presentou esta campaña xunto ás concelleiras Cristina López e Alex Penas. O BNG quere poñer en valor con esta campaña » a aposta polo consumo de produtos galegos e de proximidade debe ser o camiño para un novo modelo comercial para o noso país” a importancia do comercio tradicional un comercio do que podemos desfrutar en Lugo cunha parte do mellor na nosa terra que podemos atopar na Praza de Abastos.
Ademais Rodil defendeu un marco comercial que protexa ás pequenas tendas, que garanta unhas condicións xustas para as persoas autónomas e revitalice os mercados locais “tal como esta facendo o goberno do BNG nesta cidade coa aposta decidida pola praza de Abastos e polo Mercado, onde atopas produto de proximidade e de produtores locais”
O BNG chama á veciñanza a apostar por un consumo responsábel, que dinamice a economía local e ademais sexa respectuoso co medio ambiente. Por isto, o BNG aposta por incentivar a compra de produtores locais e galegos, a recuperación dos mercados municipais e tradicionais, a promoción alternativa e ecolóxica ou a promoción de axudas para implantar ou mellorar establecementos que comercialicen produtos autóctonos.