O PP cre que “a aprobación do convenio para a rehabilitación do firme da entrada a Lugo pola Fervedoira” evidencian que “o goberno  local acerta cando acepta as nosas reclamacións”

O goberno de Lugo demostra unha vez máis que “cando acepta as reclamacións e peticións do Grupo Municipal Popular é cando acerta” despois de coñecer a aprobación do convenio entre a Deputación e o Concello de Lugo para a rehabilitación do firme e urbanización da entrada a Lugo pola Fervedoira, unha reclamación veciñal dende fai ben tempo e para a cal o grupo municipal presentou enmendas aos orzamentos, que no seu dia non foron aceptadas.

Os concelleiros do Partido Popular, dentro do seu traballo de oposición activa e do propósito de facer unha política útil e unha política de rúa, informaron nesta reunión da publicación no DOG do expediente de expropiación dos terrenos do Antigo colexio, o que confirma que o Concello desbota o polémico cambio de ubicación para o novo centro de saúde do barrio, rexeitada polos veciños.

“O noso grupo asumiu o compromiso de informar sobre os proxectos para o barrio” coma a entrada á cidade pola avenida Adolfo Suárez e a reforma da cuberta da igrexa.

“Esta é outra zona da cidade moi mellorable, como reclamamos en reiteradas ocasións”, lembran. “Acumula tantas promesas sen feitos como reivindicacións históricas tanto dende o Partido Popular como por parte dos propios veciños e veciñas que se atopan abandonados e cunhas condicións impropias do século XXI – sen alumeado público, sen rede de sumidoiros, sen beirarrúas para que os peóns circulen con seguridade,etc”, subliñan.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios