O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na xuntanza anual da Asociación Motorista Lucense e salientou o traballo que esta realiza a prol do mototurismo, con propostas como a Ruta Castrexa, que conta co apoio do Goberno galego.
Así mesmo, Arias parabenizou os membros da entidade premiados este ano polos seus logros deportivos, e tamén o piragüista lucense Luis Gregorio Ramos Misioné, a quen lle entregaron a distinción de socio de honra.