A Tenencia de Alcaldía continúa a mellorar os espazos públicos de Lugo con novos asfaltados en Rof Codina e Río Eo

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado por Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, visitou a rúa Río Eo onde a Tenencia de Alcaldía está a renovar o asfalto, unha actuación que permite «mante ren bo estado unha rúa que precisaba dunha actuación integral, garantindo a seguridade viaria e mellorando o estado da cidade», explicou Arroxo.

Xunto con Río Eo, estase a traballar tamén na rúa Rof Codina. En ambas rúas crearase unha nova capa de rodadura baseada en mestura en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez pavimentadas as vías, adaptaranse os rexistros e renovarase a totalidade da sinalización horizontal.

Arroxo lembrou que desde a Tenencia de Alcaldía «seguimos traballando para mellorar os espazos públicos, planificando os traballos en base ás visitas aos barrios e ás reclamacións da veciñanza», e afirmou que «executamos a solución técnica máis axeitada a cada un dos espazos nos que intervimos, garantindo un resultado de calidade e duradeiro». Con esta intervención, a Tenencia de Alcaldía continúa a mellorar os barrios da cidade, aumentando a calidade de vida e o benestar da veciñanza da contorna.

Comparte éste artículo
No hay comentarios