Récord estatal en Xinzo: unha vivenda baleira por cada dous veciños

Nunhas recentes xornadas en Xinzo o presidente provincial do PP: Luis Menor; dixo que está e unha gran preocupación. «En España, en Galicia, en Ourense, e por suposto tamén aquí, en Xinzo de Limia”, destacou Luis Menor comentando as cifras expostas na xornada: máis de 4.300 vivendas baleiras na vila Antelá, o segundo concello da provincia tras a capital con máis pisos deshabitados, e unha oferta inmobiliaria para alugueiro practicamente inexistente.

Hai que ter en conta que Xinzo conta con 9.700 veciños; polo que hai case unha cada baleira por cada dous veciños. Ese ratio supor que en Madrid habería case que dous millóns de pisos baleiros.

O gran problema e o recelo dos propietarios ante as okupacions, inkiocupacions ou impagos; polo que o mercado inmobiliario está casi colapsado.

Este crecente  parque de vivendas baleiras; segundo o PP existe “porque os propietarios non arriscan” ante a inseguridade xurídica provocada pola Lei Estatal de Vivenda, e que ten como principais afectados á mocidade, os maiores e aos traballadores, que vén limitada a súa mobilidade laboral ao non atopar vivenda.

SOLUCIÓNS REAIS ANTE A INSEGURIDADE XURÍDICA

Benito Iglesias, outro dos intervintes na xornada afirmou que os gobernos teñen a obriga de xerar confianza entre os propietarios para mobilizar máis vivenda, “o que non fai o executivo de Pedro Sánchez”. Nesta liña contrapuxo o sentido de responsabilidade do PP, que propón medidas como crear máis solo, facer máis vivenda protexida e poñer en marcha rebaixas fiscais.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios