A Deputación de Lugo abre á cidadanía o último tramo da Avenida Infanta Elena

A institución provincial vén de rematar as obras entre a Glorieta de Garaballa e a de Benigno Rivera, que era o treito que quedaba para o desdobramento e a humanización completa desta vía, que é a principal entrada e saída da cidade de Lugo na parte norte.

A Deputación de Lugo vén de rematar as obras no último tramo da Avenida Infanta Elena, desde a Glorieta de Garaballa á de Benigno Rivera. Estes traballos, que afectaron aos últimos 456 metros da avenida, completan a rehabilitación integral dos 2,7 quilómetros que mide estavía, a principal entrada e saída da cidade de Lugo pola súa zona norte. A institución provincial investiu na mellora da totalidade do trazado de Infanta Elena máis de 2,4M€.

Este novo tramo que a Deputación abriu hoxe á cidadanía cun último investimento de 1,3M€ conta agora con dúas marxes de calzada dun ancho de 10,25 metros cada unha, distribuídas en tres carrís de circulación por sentido. A marxe dereita dotouse dun carril bici cun ancho de 3 metros, e no caso das beirarrúas teñen 4,05 metros de ancho a ambos lados, con árbores, iluminación, bancos e papeleiras. Tamén se realizou a renovación e a dotación dos servizos de abastecemento, saneamento e alumeado público, co fin de dotar de servizos a un futuro crecemento da cidade. 

As obras levadas a cabo pola Deputación, en colaboración co Concello de Lugo, ten transformado por completo este acceso á cidade nunha zona con gran peso comercial e industrial. Xa que a avenida quedou desdobrada na súa totalidade, agora conta ao longo de todo o seu trazado con entre dous e tres carrís de circulación por sentido, carrís bici, beirarrúas amplas, iluminación LED, mobiliariourbano e arborado, mellorando notablemente a mobilidade, a accesibilidade e a calidade dos espazos públicos na zona norte da cidade. Unha actuación que ademais era necesaria pola afluencia de tráfico que ten esta avenida a diario e que afectará positivamente ao desenvolvemento de futuros solos. 

Esta actuación forma parte do compromiso coa mobilidadeda institución provincial, que hoxe mesmo acordou na Xunta de Goberno a licitación das obras de mellora do primeiro tramo da avenida Adolfo Suárez, a entrada de Lugo pola Fervedoira e un acceso importantísimo para a futura intermodal.

Comparte éste artículo
No hay comentarios