A reunión internacional de ALISTORE-ERI reuniu a máis de setenta especialistas de centros de investigación e universidades europeas para analizar o estado actual e as perspectivas de futuro da investigación en baterías.
A Coruña converteuse recentemente no punto de encontro para o avance científico en tecnoloxías de almacenamento de enerxía e na divulgación do coñecemento científico á cidadanía, coa celebración da reunión semestral do consorcio ALISTORE-ERI e o evento satélite “Ciencia en Movemento”, organizado pola Vicerreitoría de Investigación da UDC, o Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña e impulsado pola Cátedra Resonac-UDC.
A reunión internacional de ALISTORE-ERI reuniu a máis de setenta expertose expertas de centros de investigación e universidades europeas para analizar o estado actual e as perspectivas de futuro da investigación en baterías e materiais para a transición enerxética. No centro das discusións estivo o desafío das baterías de carga ultra-rápida, cunha aceleración sen precedentes na innovación e na que se abordaron os retos asociados aos materiais, aodeseño de celas e aos controis de sistema para permitir cargas máis rápidas sen comprometer a seguridade ou a durabilidade.
Este encontro tamén serviu para expoñer resultados de proxectos financiados polo consorcio e propostas para futuras convocatorias. Ademais, empresas e centros de investigación da rexión noroeste —entre eles Resonac Graphite, Ferroglobe, CETIM, CTAG, INL e Nyobolt— presentaron os seus plans e proxectos de desenvolvemento no ámbito das baterías en Europa.
No plano institucional, o consorcio definiu os seus novos estatutos e seleccionou a Matteo Bianchini (Universidade de Bayreuth, Alemaña) como novo co-director de ALISTORE, xunto con Montserrat Casas-Cabanas (CIC EnergiGUNE) e Lorenzo Stievano (Universidade de Montpellier), reforzando así o liderado científico da rede.
“Ciencia en Movemento”: achegar a ciencia á cidadanía
En paralelo á xornada científica, o CICA e a Cátedra Resonac-UDC organizaron o evento divulgativo “Ciencia en Movemento” na Biblioteca Municipal Durán Loriga da Coruña, con actividades gratuítas dirixidas a públicos de todas as idades para dar a coñecer, dun xeito accesible e interactivo, como funcionan as tecnoloxías que impulsa a transición enerxética e a mobilidade sostible.
A programación incluíu:
• Charlas divulgativas abertas ao público, nas que se explicou o papel das baterías avanzadas na transición enerxética e a historia das baterías desde as súas orixes ata as tecnoloxías de litio.
• Obradoiros científicos para público infantil e familiar centrados en experimentos sobre enerxía, luz e movemento, deseñados para fomentar a curiosidade científica e o entendemento das bases da enerxía almacenada.
Estas actividades contribuíron a fortalecer a conexión entre industria, universidade e sociedade, subliñando a importancia de facer accesible o coñecemento científico e a súa aplicación en retos reais como a mobilidade sostible e a transición cara a fontes de enerxía limpas.
Sobre o CICA
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) creouse en 2015 como un centro de investigación de ciencias avanzadas que conta con máis de 200 investigadores e investigadoras pertencentes a tres áreas científicas: Biomedicina; Alimentación, Contaminación e Saúde; e Nanociencia e Materiais Avanzados.
Desde 2024, o CICA conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación.
A excelencia investigadora, a transferencia tecnolóxica e a transmisión de coñecemento á sociedade forman os tres piares sobre os que se fundamenta o centro de investigación. É recoñecido pola atracción de talento, a visibilidade da muller científica e a promoción da igualdade de xénero, contando cunha presenza feminina superior ao 50%.
Cátedra UDC –Resonac Sparking Truth
A Cátedra UDC–Resonac Sparking Truth ten como misión principal impulsar a investigación aplicada no ámbito da enerxía, con especial atención á transición hacia fontes limpas e renovables. Dirixida porIsrael Temprano, Group Leader eprincipal investigadorno CICAe co-dirixida por Alba Tuñas, Head of Battery Business Development de Resonac (A Coruña), a cátedra naceu en setembrode 2024 da sinerxía entre Resonac GBU e o Grupo de Investigación en Sistemas para a Transición Enerxética (LISTE) da Universidade da Coruña. Esta colaboración ten como obxectivo desenvolver novos materialis etecnoloxías que melloren a eficiencia e a sustentabilidadedos sistemas enerxéticos, como baterías. Ademais da investigación, a cátedra tamén impulsa a formación de talento especializado e a transferencia de coñecemento entre a universidade, a industria e a sociedade en xeral.