Martín Alemparte: «O Capón de Vilalba afianza a súa calidade, que conta xa con tres operadores certificados»

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, puxo en valor esta mañá a «progresiva consolidación» da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Capón de Vilalba. Durante a súa visita á tradicional feira celebrada na Praza da Constitución, Alemparte subliñou os avances acadados polo selo de calidade, que conta xa con tres operadores certificados.

O representante da Consellería do Medio Rural destacou a relevancia deste evento como un referente inseparable do Nadal en Galicia. Así mesmo, salientou o papel do capón non só como produto estrela da gastronomía luguesa, senón como un motor fundamental para a dinamización económica e social da comarca da Terra Chá.

Comparte éste artículo
No hay comentarios