Concello de Santa Comba: III San Silvestre solidaria acuática

A piscina municipal climatizada de Santa Comba acolleu a terceira edición da San Silvestre Solidaria Acuática, unha cita que reuniu a preto de 50 participantes. Durante media hora de intensa actividade, os tres equipos en competición sumaron un total de 7.000 metros nadados. O equipo gañador acadou os 2.550 metros, seguido polo segundo clasificado con 2.300 e o terceiro con 2.150 metros.

O evento foi organizado polo Departamento de Deportes do Concello coa colaboración imprescindible do Club de Natación Santa Comba.

De esquerda a dereita: Noelia Baleato (tenente de alcalde), Elisa Capelo (técnica de deportes), Patricia Val (concelleira de Deportes) e Estefanía Calvelo (concelleira de Servizos Sociais).

Comparte éste artículo
No hay comentarios