O Concello de Noia celebra o éxito rotundo das Predabaladas de Fin de Ano 2025

O Concello de Noia celebra o éxito da primeira edición das Predabaladas de Fin de Ano, un evento que encheu a Alameda fronte á Casa do Concello e que superou todas as expectativas. A alta participación fixo que se esgotaran as 1.000 racións de uvas e o cotillón dispoñible, confirmando o entusiasmo da veciñanza por esta nova iniciativa municipal.

O humorista Oswaldo Digón dirixiu a celebración cun ritmo dinámico que puxo a bailar á xente dende o primeiro momento, ofrecendo unha xornada festiva e chea de humor. As 12 badaladas da Igrexa de San Francisco marcaron o cénit da celebración, que continuou logo ca música da Disco Chocolate, que SSSSSSSmantivo o ambiente en alto tras as badaladas, convertendo a Alameda nun espazo de festa continua.

O alcalde de Noia, Francisco Pérez, subliñou o impacto positivo desta proposta: “A resposta da xente foi impresionante; superamos todas as previsións e iso danos forza para seguir creando novos momentos de encontro.” Engadiu tamén o seu agradecemento aos implicados: “Oswaldo Digón e Disco Chocolate fixeron posible unha festa inesquecible; é unha iniciativa que nace con vontade de continuidade.”

A primeira edición das Predabaladas pecha cun balance moi positivo e con vontade de consolidarse como unha cita imprescindible no calendario festivo noiés.

Comparte éste artículo
No hay comentarios