Cristina López e Rubén Arroxo impulsan o mercado de Nadal de ‘Entre a Néboa’ na Praza de Abastos

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola concellleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López presentaron xunto con integrantes da Asociación Cultural «Entre A Néboa» o 1º mercado de Nadal que terá lugar este sábado no soto da praza de Abastos. A xornada celebrarase entre as 10:00 e as 14:00 e pola tarde de 16:00 a 20:00.

O mercado artesanal reunirá máis dunha ducia de postos, con produtos que van desde xoias, cestería e roupa tradicional ata xoguetes e artigos de Nadal. Ademais das artesás, tamén participarán iniciativas sociais e ecoloxistas como Mádia Leva, Adega e Pelitos&Bigotes. O público poderá atopar ademais produtos gastronómicos como o mel do Cebreiro.

A xornada contará con dous obradoiros abertos á participación de todas as persoas que se acheguen: ás 17:00 a agrupación Mesa de Bregoán fará unha introducción aos xogos de rol, e a partir das 19:00 a música Branca Villares realizará un obradoiro de cantigas de nadal.

Comparte éste artículo
No hay comentarios