Elena Candia contextualizou a comparecencia para presentar o balance de actividade de 2025 con varias reflexións sobre o debate do estado da cidade: “PSOE e BNG se presentaron como dous gobernos distintos, pouco ambiciosos, que non se coordinan, nin traballan”.
En primeiro lugar, encontramos a un PSOE cun alcalde sen liderazgo, resulta pouco crible que pretenda impulsar iniciativas que levarían implicitos proxectos con outras administracións (en alusión a área metropolitana que anunciou) cando nin sequera demostra entendemento cos seus oito concelleiros (empezou cun goberno de 13 persoas e, neste momento, ten un goberno de 12 en allusion a María Regoisa).
Somos escépticos da súa capacidade de chegar a acordos lembrando como, ao longo de 2025, nin foi incapaz de chegar a consensos coa Xunta, desprezando calquera intervención que fai en Lugo; nin tampouco coa administración central que o ignora con exemplos como: a supresión de frecuencias trens por parte de ADIF tras reunirse con eles; sen data para a construción da nova comisaría da policía nacional)
No caso do BNG sorpréndenos que, logo do mantra mensual que fixeron ao longo do ano falando de cifras récord de uso de transporte urbano anuncien que non van a prorrogar o contrato e que son necesarias melloras nos autobuses. Unha vez máis cando rectifican acertan “alegrámonos porque nos fixeron caso ao que vimos dicindo dende a oposición”.
Outra cuestión que nos chama a atención, cando Lugo chega aos 100.000 habitantes, é a valoración que fai Rubén Arroxo. Lonxe de presentar como se vai dar resposta ao incremento da poboación a súa reflexión foi “que con este escenario a lider do PP tería máis dificultades para ter maioría absoluta”.
No pasado ano 2025 presentamos 502 iniciativas.
- 44 proposicións defendidas en pleno (acadamos 8 acordos ANEXO1)
- 80 preguntas e rogos en pleno
- 233 preguntas e rogos en comisión
- 2 plenos extraordinarios, impulsados polo PP para construír consensos cando estaba en xogo o futuro dos barrios, como no caso da proposta de rexeneración do barrio do Carme, aprobada por unanimidade
Máis de 500 accións na rúa escoitando á xente
- Tivemos presenza no territorio con 81 reunións de ESCOITA ACTIVA en parroquias e barrios da cidade. Tamén destacamos o programa dos Hoxe estamos aquí reforzando a cercanía coa veciñanza
- Fixemos 211 encontros sectoriais (destacar as 86 xuntanzas co tecido social e as 74 Visitas CEIPS e encontros con AMPAS)
- Creamos os Espazos Infantís e o Espazo Xove
- Visitamos os Centros Sociais e residencias de maiores
- Durante o 2025 a cantidade de persoas suscritas a nosa lista de difusión medrou nun 73%
- Edición de boletíns informativos trimestrais, nos que rende contas do traballo realizado.
A voceira popular poñía varios exemplos de como a presión construtiva acada resultados en cuestións do día a día dos veciños (colocación de espellos de Coeo, As Samasas; poda da contorna da Ponte que comunica Montero Ríos coa rotonda de Adolfo Suárez; colocación paso elevado en Avenida de Magoi, saneamento da Rúa Chantada … etc)
Tamen é o momento de dar cumprimento aos 8 acordos que acadamos no pleno e moi especialmente a rebaixa de impostos. Haiun do mes de xullo paraa modificación temporal do IBI e a exención da plusvalía para propietarios de terreos afectados polo cambio de cualificación urbanística nas áreas de expansión, que están a pagar como solo urbano sen poder construír. “Foi un acordo importante para facer xustiza fiscal con veciños claramente prexudicados”, sinalou Candia indicando que “esixiremos que se cumpra”.
No mes de xaneiro conseguimos unanimidade no pleno nunha iniciativa para actualizar o convenio dos xestores administrativos, unha medida reclamada polo propio colectivo e que permitirá mellorar o acceso da cidadanía a trámites como certificados de empadroamento ou xestións tributarias. Esta iniciativa buscaba avanzar cara a unha administración máis facilitadora, aínda que lamentamentamos que, un ano despois, o goberno local non materializase avances reais lembrando a súa resposta no pleno de novembro de que “estaban traballando nelo”.
No mes de abril, o Pleno aprobou unha proposición do PP para esixir ao Goberno de España a rehabilitación integral do firme da N-540 e o impulso dunha mellor conexión de Lugo con outras provincias. Trátase dunha demanda histórica que busca mellorar a seguridade viaria e a comunicación entre Lugo e Ourense, despois de anos de obras sen solución definitiva, con baches que seguen afectando á circulación.
No mes de xullo aprobouse tamén a modificación da ordenanza municipal de protección medioambiental, co obxectivo de reforzar a defensa dos núcleos de poboación fronte a cheiros e actividades contaminantes, como as plantas de biogás. A iniciativa pretendía establecer maiores garantías para os veciños, aínda que o PP advertiu de que, ata o momento, non se iniciaron os trámites necesarios para facer efectivo o acordo.
Outra das proposicións que acadou apoio unánime foi a candidatura de Lugo como sede da Axencia Estatal de Saúde Pública, unha petición estratéxica para reforzar o peso institucional da cidade.
No mes de setembro, o PP logrou tamén o apoio unánime do Pleno a unha iniciativa para impedir a desconexión de Galicia mediante un plan integral de investimentos e a mellora da mobilidade nacional e internacional. Este acordo evidenciou a necesidade dun maior liderado institucional, xa que Lugo non pode permitirse quedar á marxe das grandes decisións en materia de infraestruturas. “Lugo ten hoxe un goberno sen liderado nin ambición, incapaz de defender os intereses da cidade ante outras administracións”, advertiu, lembrando que a falta de peso político do alcalde está a ter consecuencias directas nas conexións ferroviarias e na competitividade da cidade.
No mes de novembro, o Pleno aprobou por unanimidade unha proposición para impulsar medidas que melloren a imaxe e a seguridade en Nadela, unha iniciativa que o PPlevou tamén ao Congreso dos Deputados, onde foi aprobada unha Proposición non de Lei para mellorar a iluminación e humanizar a travesía, malia a abstención do PSOE.
Finalmente, en decembro, o PP conseguiu a reprobación do socialista José Tomé, co voto favorable do BNG, unha decisión que, segundo Candia, “demostra que aínda hai espazo para os principios e a coherencia cando se antepoñen os valores aos intereses partidistas”.