O PP de Pol denuncia que a Lino Rodríguez “non lle importan” os veciños ao manter os orzamentos prorrogados dende 2022

Para Nicole Grueira esta situación evidencia que “a única preocupación do alcalde son os seus caprichos” xa que “contar cada ano cunhas contas actualizadas é fundamental para facilitar que o municipio medre”.

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Pollamentan que, unha vez iniciado o ano 2026, o Concello segue sen contar cunhas contas municipais actualizadas, xa que se manteñen prorrogadas dende o ano 2022 a pesar de que Lino Rodríguez conta coa maioría absoluta do pleno “polo que podería aprobar uns orzamentos cada ano sen problema”.

A voceira popular, Nicole Grueira, afirma que “a prórroga continuada dos orzamentos é síntoma dun goberno esgotado, sen rumbo e incapaz de asumir as súas responsabilidades, que evidencia a incapacidade absoluta que ten o alcaldepara gobernar”.

Grueira destaca que contar con orzamentos cada ano “é fundamental” xa que son a principal ferramenta de xestión para calquera administración pública, o que facilita mellorar a vida dos veciños. Ademais, nas contas municipais se establecen as prioridades de cada administración, amosando a planificación e a folla de ruta a seguir, polo que “cada ano sen novos orzamentos é un ano perdido para o desenvolvemento do Concello, ao deixar pasar numerosas oportunidades”. 

A voceira popular lamenta que Pol “siga este ano sen orzamentos actualizados ás novas realidades que van xurdindo no municipio” a pesar de que Lino Rodríguezconta con maioría absoluta no pleno.

Unha situación “atípica” que pode apuntar a dous motivos. Por unha banda, a nula preocupación de Lino Rodríguez por mellorar a vida diaria dos veciños e, por outra banda, a que pode que o alcalde non se vexa capaz de sacar adiante os orzamentos a pesar de contar con maioría absoluta.

“O que está claro é que o goberno de Lino non ten proxecto, nin planificación, nin capacidade para administrar os recursos públicos con responsabilidade, que se evidencia na nula intención que ten de desbloquear asuntos prioritarios para o municipio, como unha nova localización para o PAI”, destacou.

CONSECUENCIAS MOI NEGATIVAS PARA OS VECIÑOS

As consecuencias desta mala xestión económica están á vista de toda a veciñanza: o concello converteuse nun dos máis endebedados da provincia, cunha débeda que se sitúa en torno aos 5M€. 

Nicole Grueira é contundente e afirma que “Lino Rodríguez está a hipotecar o futuro de Pol” polo que “o Concello precisa dun cambio profundo da man do PP que devolva a seriedade, a solvencia económica e a confianza da cidadanía”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios