Manuel Quiñoá carga contra o «feminismo de conveniencia» de Ana Pontón na ratificación de Carmela López

por Daniel

Manuel Quiñoá cargou con extrema dureza contra Ana Pontón, a quen acusou de permitir que o BNG se apoie no voto de deputados baixo graves sospeitas morais para soster a súa influencia na institución provincial. O sindicalista de CCOO referiuse á situación de José Tomé, quen a pesar de abandonar a presidencia, «segue mandando, segue votando e segue sendo imprescindible» para a estratexia nacionalista e do PSdeG.

A crítica máis severa centrouse na suposta compracencia de Pontón ante un escenario de presunto acosador sexual: «Ana Pontón vai aceptar o voto na Deputación dun presunto acosador. Todo vale para manter a cadeira e manexar os cartos para acadar votos», sinalou Quiñoá, sentenciando que «a decencia política de Ana Pontón xa non é cuestionable: non a ten».

Quiñoá denuncia o contraste entre o discurso público do BNG e a súa praxe política en Lugo. Acusa á líder nacionalista de usar o feminismo unicamente como unha «bandeira de palabras grandes» e de soster «principios infranqueables» que, na práctica, «cambian de cor segundo a conveniencia».

Comparte éste artículo
No hay comentarios