A novela de Rodrigo Costoya sobre a figura clave de Compostela chega á 3ª edición en galego e 2ª en español

A finais de febreiro, a súa editorial Pámies, aposta por Fillos de Gael, unha nova versión da terceira novela do autor que quedara esgotada na súa edición inicial con outra editorial.

Os recoñecementos non deixan de chegar para a novela O século do milagre do autor compostelán Rodrigo Costoya. A protagonista da novela é a súa cidade e a persoa que, cunha visión estratéxica incrible, logrou que a día de hoxe millóns de persoas teñan chegado andando ata case o confín da terra, Xelmirez, do que se descoñece onde foi soterrado.

A novela gañou o premio a Mellor Novela Histórica 2025 Ciudad de Calvet, en Valencia. Galardón que recollerá persoalmente Rodrigo o sábado 28 de febreiro, nunha fin de semana na que a Novela Histórica será a gran protagonista.

Tamén é finalista, neste caso ainda en fase de votación,  para a web Hislibris especializada neste xénero que ten unha afección moi fiel que goza da literatura mentras aprende historia.

En paralelo a todo isto, dende a editorial Pámies acaban de comunicar que esta semana chegará ás librarías a terceira edición da obra en galego e a segunda en español.

A finais de febreiro tamén chegará as librarías Fillos de Gael, nos dous idiomas, novela coa que se pecha a triloxía que comezou con Portosanto e continuou coa obra El custodio de los libros que deu a Rodrigo Costoya o premio máis prestixioso, o Cidade de Úbeda. 

Fillos de Gael é unha oda case épica á conexión entre os pobos gaélicos nos que Galicia ten unha gran importancia. Trátase dunha versión totalmente reescrita desta obra que quedou esgotada e a anterior editorial decidiu non reeditar. Grazas a Pámies as cinco novelas de Rodrigo Costoya estarán dispoñibles para gozar do seu especial xeito de contar grandes historias en capítulos breves e emocionantes.

Comparte éste artículo
No hay comentarios