Serena Díaz compite en The Summit New York esta fin de semana

Este próximo sábado 17 de xaneiro e luns 19 de xaneiro, Serena Diaz Toba, participa en The Summit en New York, acompañada pola sua entrenadora e nai Graciela Toba. Parten o próximo xoves día 15.

Tras haber logrado o título de Campiona de España ano tras ano dende o ano 2020, Serena logra clasificarse para participar neste Open Mundial de tanto prestixio internacional, sendo a única participante española no seu grupo de idade. 

Serena competirá en Under 12 Bachata e Salsa en dous formatos distintos: 

– O sábado compite en Show Case

– O luns en formato All In

A competición poderá seguirse por streaming a traves do canal de youtube do evento, e todos os compañeiros do seu clube Arte e Movemento estarán pendente da súa actuacion. 

Recordamos que Serena ven de acadar o posto 7 de entre 65 participantes no mundial 2025 en decembro, celebrado en Turquia, na categoria 12-15 anos, sendo o seu primeiro ano nesta categoría de idade e con solo 12 anos de idade.

Serena é deportista de Rendemento de Base recoñecida pola Xunta de Galicia dende o ano 2022 polos seus resultados internacionais dos ultimos anos.

Comparte éste artículo
No hay comentarios