Alto Minho International Choir: un proxecto único en Portugal abre candidaturas

O Alto Minho International Choir (AMIC) abre probas de admisión ata o 22 de marzo para ser parte do coro dirixido pola prestixiosa directora búlgaro-alemá Donka Miteva.

Viana do Castelo. O Alto Minho International Choir (AMIC) é un proxecto sen precedentes en Portugal e Galicia que reunirá a cantantes de diferentes países do mundo para interpretar un programa acapella e a Sinfonía n.o 2 de Gustav Mahler, xunto á Alto Minho Youth Orchestra, baixo a batuta de Miguel Sepúlveda e coas solistas Sílvia Sequeira e Cláudia Ribas.

A dirección do programa acapella correrá a cargo de Donka Miteva, directora artística e titular do Collegium Musicum de Berlín e que dirixiu formacións como o European Youth Choir ou o coro da Ópera Estatal de Münster, en Alemaña.

As probas de admisión estarán abertas ata o 22 de marzo deste ano e poderán presentarse cantantes maiores de 18 anos, sen límite de idade. A selección realizarase mediante o envío dunha gravación en liña seguindo os criterios establecidos no regulamento do proxecto.

Esta primeira edición do AMIC desenvolverase do 22 de xullo ao 2 de agosto en Viana do Castelo, cos espazos de concerto aínda por anunciar.

Paralelamente, a Alto Minho Youth Orchestra, tamén mantén as candidaturas abertas para músicos interesados en ser parte da orquestra ata o 28 de febreiro do 2026.

Unha iniciativa cultural promovida pola Asociación Musicis Pontem, o Alto Minho International Choir é unha iniciativa que pretende promover a práctica coral como a coral-sinfónica, o desenvolvemento artístico e o enriquecemento persoal dos seus participantes. A través do intercambio entre músicos, mestres e solistas de prestixio nacional e internacional, foméntase a convivencia e o intercambio de experiencias entre todos.

Para máis informacións sobre as bases
https://www.orquestradoaltominho.info/amic
● Para máis informacións sobre a
https://www.orquestradoaltominho.info/coming-soon-02

Comparte éste artículo
No hay comentarios