O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo mantivo unha xuntanza coa nova directiva da asociación veciñal de Conturiz, avanzando no proceso de «escoita activa» das necesidades das veciñas e veciños de todos os barrios e zonas periurbanas de Lugo. Arroxo destacou o traballo feito desde as diferentes áreas da Tenencia de Alcaldía, «mellorando os espazos públicos desde infraestruturas, colaborando en festas e celebracións desde Cultura e achegnando actividades ás asociacións desde a área de Participación», explicou Rubén Arroxo, que engadiu «traballamos en conxunto para que o tecido veciñal de Lugo poida desfrutar da cidade independentemente da zona na que se atope cada persoa».
Arroxo afirmou que a coordinación da Tenencia de Alcaldía facilita «fortalecen o tecido comunitario e animar á veciñanza a participar activamente». Para o, a actividade de goberno baséase en «mellorar os espazos onde viven as veciñas e veciños ao mesmo tempo que facemos obras que melloren a cidade». Para Arroxo, «ao planificar o traballo a realizar é obrigatorio ter en conta as solicitudes das veciñas e veciños, que son quen coñecen de primeira man as necesidades da zona na que viven».
O Tenente Alcalde aproveitou a ocasión para parabenizar á nova equipa directiva desta asociación, e afirmou que «seguimos a traballar desde todas as áreas de goberno para mellorar a vida e o día a día de todas e todos os lucenses».