Os departamentos están desbordados, con cadros de persoal insuficientes para asumir a carga de traballo, o que repercute nunha atención máis lenta e máis limitada á veciñanza. A pesar diso, o Goberno local deixou caducar as ofertas de emprego público dos anos 2017 ao 2022, porque non se convocaron nos tres anos que marca a lei. Perdeuse con este desistimento a posibilidade de contar con 61 persoas máis traballando hoxe nos servizos municipais.
Agora só sacan a concurso parte das prazas de 2023 e deixan fóra, sen explicación, as de 2024 e 2025.
Desde o PP pedimos algo moi claro e de sentido común: convocar xuntas e de inmediato todas as prazas pendentes dos anos 2023, 2024 e 2025.