Nicole Grueira: “Lino Rodríguez é de todo menos exemplo de boa xestión, xa que falamos do alcalde que está levando ao Concello á bancarrota, o alcalde que non se preocupa dos nenos do municipio, que ten as pistas e camiños intransitables, que non paga aos provedores, falamos do alcalde que unicamente quere seguir derrochando no campo de fútbol”
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Pol piden unha rectificación a Lara Méndez, que no transcurso dun debate do pleno do Parlamento de Galicia, puxo como exemplo de boa xestión municipal a Lino Rodríguez.
A voceira popular, Nicole Grueira, sinala que “Lino Rodríguez é de todo menos exemplo de boa xestión” xa que “falamos do alcalde que está levando ao Concello á bancarrota, cunha débeda de 5M€ e que non se preocupa das necesidades dos veciños, unicamente de seguir derrochando no campo de fútbol”.
Ademais, Nicole Grueira recorda a Lara Méndez outros dos grandes debes do alcalde de Pol:
- Punto de Atención a Infancia: Lino Rodríguez segue negándose a buscar unha localización axeitada para este servizo fundamental e, mentres, obriga aos pais e aos nenos a camiñar sobre palés para non mollarse no inverno.
- Débeda municipal: Alcanza xa os 5M€
- Colexio: sen conserxe por decisión unilateral de Lino Rodríguez, así como se nega a cumprir as súas obrigas no centro
- Pistas municipais: completamente abandonadas, “podendo plantar carballos nas fochancas”
- Falta de transparencia: nega o acceso a documentación e aos expedientes municipais solicitados en tempo e forma
- Autobús municipal: segue a empregalo sen seguir a normativa vixente, como que o condutor non é un traballador do Concello
- Atrasos nos pagos das nóminas aos funcionarios
- Condena por agresión
Nicole Grueira explica que “con este historial, Lara Méndez considera a Lino Rodríguez un exemplo de boa xestión, enténdense moito mellor a realidade do Partido Socialista, tanto en Lugo, como en Galicia e en España”.
A voceira popular remata a súa reflexión indicando que “un alcalde debe ser un exemplo de boa xestión, unha persoa que axude aos veciños e se preocupe polas súas necesidades, que teña o mantemento das súas propiedades en bo estado; pero a realidade é que Lino Rodríguez é todo o contrario a isto”.