O BNG de Cervantes convoca á veciñanza a unha xuntanza para analizar a preocupante situación da atención sanitaria no concello

Nesta xuntanza analizarase a preocupante situación da atención sanitaria na que se atopa o concello de Cervantes. Tras non cubrir a praza de médica do consultorio de Doiras agora tócalle ao centro de saúde de San Román onde fican con só un médico e medio: unha praza cuberta de maneira fixa e outra que será rotativa algúns día á semana. Unha situación especialmente preocupante nun concello que é o corazón dos Ancares e cunha poboación moi dispersa e con unha idade media moi elevada, que precisa dunha atención sanitaria próxima, estable e continuada.

A Xunta de Galiza esta creando unha sanidade de segunda para as persoas que vivimos no rural

A montaña lucense esta sufrindo unha morte lenta polo desleixo que están a sufrir por parte do PP, un abandono que están facendo a base de reducir servizos públicos como é a asistencia sanitaria. Unha merma na calidade asistencial dos concellos da montaña nunha zona xeográficamente moi extensa e na que as distancias se multiplican por razóns orográficas con uns desprazamentos que para unha poboación envellecida lles causa múltiples inconvenientes 

Así mesmo nesta xuntanza animarase á veciñanza a asistir a manifestación do vindeiro domingo 1 de febreiro, convocada por SOS Sanidade Pública, en defensa dunha sanidade pública

Comparte éste artículo
No hay comentarios