O PP interpela ao goberno de Lugo sobre pagar máis aos axentes da Policía Local en función das multas impostas

       
Os populares apostan por unha Policía Local de proximidade e prevención, fronte a un sistema que prioriza a recadación sobre a seguridade e a convivencia.

O Grupo Municipal Popular pregúntalle ao alcalde de Lugo que opinión lle merece a situación denunciada publicamente pola Policía Local que se vai consentir que continúe o actual sistema de produtividade que se está a aplicar ou se, pola contra, pensa corrixilo.

Os populares lembran que foron os propios axentes quenes recoñecen que este sistema penaliza economicamente a quen non alcanza determinados niveis de sancións, unha cuestión que está a xerar malestar na plantilla e preocupación na cidadanía.

Ante esta situación o PP considera necesario que o alcalde dea explicacións públicas e que Miguel Fernández aclare se vai consentir que continúe un sistema que prioriza a cantidade de multas fronte á presenza nas rúas ou a atención directa á veciñanza.

Na previsión de ingresos por multas dos orzamentos de 2026 pasa da cifra de 2025 de 1.750.000 € a 1.850.000 €. Este aumento de aumento 100.000 € apunta a que se o Concello prevé ingresar máis por multas é porque asume que se vai multar máis, non que vaian desaparecer as infraccións polo que estamos a falar dunha forma encuberta de recadación.

Comparte éste artículo
No hay comentarios