As actuacións recentes nas turbeiras do Barbanza exemplifican a degradación destes hábitats clave fronte ao cambio climático.
En 1997, a ONU declarou o 2 de febreiro Día Mundial dos Humidais para recoñecer a importancia crítica destes espazos. Porén, en Galiza, moitos deles seguen degradándose malia a estaren incluídos en figuras de protección.
Os humidais prestan servizos ecosistémicos esenciais á sociedade. Son fontes de auga doce e alimentos, ademais de hábitat e zonas de reprodución para moitas especies ameazadas. Protexen a humanidade dos fenómenos meteorolóxicos extremos e son sumidoiros de carbono moi eficaces: as turbeiras almacenan arredor do 30% do carbono terrestre, o dobre que todos os bosques do mundo xuntos. Moitos destes humidais están ameazados por factores antropoxénicos: a contaminación, o uso insostíbel da terra, infraestruturas mal planificadas ou o cambio climático, ao que habería que engadir o desleixo das administracións.
Turbeiras decapadas e subsoladas en humidais protexidos, «as usual»
Malia a estaren incluídos no Inventario de Zonas Húmidas de Galiza, un rexistro creado en 2008 e que actualmente incorpora a 650 humidais (dos máis de 1100 catalogados en 2003 polo IBADER), a realidade é que estes estratéxicos espazos carecen de protección efectiva e, non digamos, de xestión. A última agresión (que non derradeira) atinxe ás turbeiras e breixeiras húmidas das Chans do Barbanza.
Recentemente, nos humidais inventariados das turbeiras do Barbanza realizaìronse unha serie de actuacioìns que afectan gravemente a unha importante superficie de tremoais minerotroìficos oligotroìficos (cód. 7140) e queirogais huìmidos atlaìnticos (cód. 4020*, prioritario). Estes hábitats gozan dun elevado valor ecoloìxico, xa que resultan críticos para a conservacioìn da biodiversidade, a regulacioìn hidroloìxica e a mitigacioìn do cambio climaìtico, alén de supoñer un valioso rexistro peleoclimático.
As intervencións denunciadas causaron unha degradacioìn evidente destes humidais, debido ao decapado e subsolado do substrato baixo unha linÞa de media-alta tensioìn que deixou ao descoberto a turba, o que provoca a oxidacioìn da materia orgánica e a liberacioìn de CO2. Sobre estes fráxiles hábitats transitaron tamén vehiìculos pesados, o que contribuíu a intensificar a erosioìn.
ADEGA vén de trasladar estes feitos á D. X. de Patrimonio Natural e a Augas de Galiza, e esixe a apertura dunha investigación e medidas cautelares urxentes para evitar unha maior degradacioìn dos humidais afectados, así como actuacioìns de restauracioìn para garantir a recuperacioìn destes hábitats.
Non abonda con incluír os humidais nunha listaxe se non se garante a súa protección efectiva. Lamentábelmente, proxectos de parques eólicos, liñas eléctricas, minas e «Altris» varios, declarados estratéxicos, seguen sendo a prioridade para a actual Xunta.