A falta de recursos obriga a retirar a expropiación do Sagrado Corazón da Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno local corrixe o titular de onte do alcalde da expropiación no Sagrado Corazón e o obriga a retirar este punto da orde do día por falta de recursos
• Miguel Fernández prometeu iniciar o expediente para expropiar os terreos para facer o centro de saúde do Sagrado Corazón e hoxe se paraliza este trámite. O motivo, logo de consultar aos servizos municipais, é que non había informe de fiscalización previo e que non hai crédito para esta operación
• Para os populares é “escandalosa a falta de control, o descoñecemento do seu equipo, e a improvisación coa que traballa este goberno local” salientando que “se está ocasionando danos irreparables á veciñanza, neste caso, suporá un novo retraso na construción dunha dotación moi necesaria para o barrio e que os socialistas levan prometendo dende o ano 2008
• Non se pode escudar na falta de cartos: os recursos estaban dispoñibles desde xuño de 2025 cando se tramitou unha modificación orzamentaria de suplemento de crédito por 6,5 millóns de euros, dentro dos cales figuraban 950.000 € destinados á expropiación dos terreos para o novo centro de saúde (adxuntamos documento)
• “O sucedido deixa ao goberno local en ridículo e pon en evidencia que estamos ante un goberno sen rumbo: nin traballan, nin contan á verdade”

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios