Nicole Grueira insiste na necesidade dun cambio á fronte do Concello de Pol xa que “chegamos a un punto no que situación é insostible en todos os ámbitos”.
A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira esixe que, unha vez que os traballadores cobraron as nóminas de xaneiro, “non se volva a repetir un problema deste nivel no Concello”, xa que “Lino Rodríguez non deu ningunha explicación como tampouco asegura que non se volva a repetir unha situación así”.
Nicole Grueira indica que “é evidente a incapacidade de Lino Rodríguez para xestionar o Concello”, polo que “debe plantexarse facerse a un lado, dada a nefasta xestión que está a realizar do Concello”. “Está a sumir a institución nunha crise financeira que, no caso de seguir medrando, pode que non se poida reverter”, sinala, en alusión á débeda de 5M€ que teñen as arcas municipais.
A voceira popular entende a preocupación dos traballadores porque “o alcalde non asegura que non se volva a repetir”, unha situación que “nunca se debería de dar nunha institución pública pero que no Concello de Pol non é a primeira vez que se produce”.
“Semella que Lino Rodríguez é un dos alumnos avantaxados do sanchismo, xa que todo o que toca o leva a pique e parece empeñado en afundir o Concello de Pol”, sentencia.