O PP defenderá no pleno que Monforte conte cunha praia fluvial para este verán

Katy Varela: “Seguimos na liña de reclamar que se faga realidade todo o que consideramos que é necesariopara Monforte, pero tamén todo oque o alcalde prometeu e que segue sen executar, insistindo en que non é necesario acometer un proxecto de 5M€ como se anunciou”.

Os concelleirosdo Grupo Municipal do PP de Monfortedefenderá no vindeiro pleno unha moción para reclamar a creación dunha zona de baño pública na cidade de cara a este verán.

A voceira popular, Katy Varela, recorda que “seguimos na liña de reclamar que se faga realidade todo o que consideramos que é necesariopara Monforte, pero tamén todo o que o alcalde prometeu e que segue sen executar”.

Katy  Varela lembra que unha das promesas electorais máis destacadas do alcalde, José Tomé, foi a creación dunha praia fluvial ao carón do río Cabe, á altura de Rivasaltas. “Falouse dun gran complexo de ocio con restaurante, aparcadoiro e outras instalacións, un proxecto valorado en arredor de 5M€, do que a día de hoxe non sabemos nada”, explicou.

A voceira popular considera que non é necesario acometer un “mega proxecto urbanístico” dese custo, senón que “sería moito máis necesario investir eses cartos no saneamento e logo poder realizar o acondicionamento dunha zona do río para o baño. Mentres non exista un saneamento completo, non poderemos desfrutar do río con garantías”, afirmou.

Katy Varela recordou que Monforte sufriu un verán especialmente caloroso, con numerosos días nos que se superaron os 35 graos. “Os monfortinos que queren refrescarse vense obrigados a desprazarse a outros concellos ou a pagar instalacións privadas, como as do club fluvial”, apuntou.

Dende o Grupo Municipal Popular insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de baño na cidade. “Con esta iniciativa queremos lembrarlle ao alcalde a importancia de pensar nas necesidades reais dos veciños e, sobre todo, de ir cumprindo as súas promesas electorais”, concluíu Katy Varela.

Comparte éste artículo
No hay comentarios