O PP pide a Carmela López un cambio de rumbo na política de estradas e amose unha preocupación real polo mantemento da rede provincial

O firme desta vía presenta numerosos desperfectos, como fochancas e o coñecido como pel de crocodilo, así como é necesario renovar a sinalizaron, tanto a horizontal como vertical, e a limpeza das cunetas: “É dicir, cómpre realizar o mantemento máis básico que leva moito tempo sen facerse”.

Os deputados do Grupo Provincial Popular seguen a reclamar á nova presidenta, Carmela López, un cambio de rumbo á fronte da Deputación de Lugo, sobre todo no que ao mantemento da rede viaria provincial se refire.

O voceiro provincial Antonio Ameijide, xunto ao tamén deputado e voceiro en Trabada, José María Fernández, e ao voceri do PP de Barreiros, José Manuel Gómez Puente, revisaron o estado da vía LU-P-6103, que conecta ambos municipios da Mariña.

A realidade é que “o firme da vía presenta numerosos desperfectos, como fochancas e o coñecido como pel de crocodilo, así como é necesaria renovar a sinalizaron, tanto a horizontal como vertical, e a limpeza das cunetas”. “É dicir, cómpre realizar o mantemento máis básico que leva moito tempo sen facerse”, sinalou.

Antonio Ameijide recorda que esta estrada é moi empregada, sobre todo polos veciños de Trabada porque é a principal vía de conexión co hospital da Mariña, pero tamén conta unha elevada circulación de vehículos pesados xa que dá acceso a varias explotación e iniciativas empresariais.

Ademais, está vía debería de presentar un estado de mantemento “idóneo” xa que “en moitas ocasións, polas inclemencias meteorolóxicas como a néboa, a visibilidade é moi reducida, polo que mantela en perfectas condicións é preciso para manter a seguridade viaria”.

Dende o Grupo Provincial Popular defenderase unha iniciativa no pleno para que “o goberno provincial dunha vez escoite as reclamacións dos veciños de ambos municipios” a pesar de que “non é a primeira vez que demandamos o mantemento da LU-P-6103 no presente mandato”. “Agardamos que dunha vez por todas atendan esta reclamación encamiñada a garantir a seguridade de todos os usuarios destas vías é prioritario”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios