A UNED de Lugo desprazouse hoxe ao IES Quiroga para impartir unha sesión informativa dirixida ao alumnado de 4.º da ESO e 1.º de Bacharelato, centrada na orientación académica e nas oportunidades de acceso á educación superior. A actividade foi desenvolvida por Carmen Gallego López, coordinadora do Centro de Orientación, Información e Emprego (COIE) do centro asociado.
Durante a charla presentouse a ampla oferta educativa da UNED de Lugo, que inclúe graos, dobres graos, titulacións combinadas, másteres oficiais e programas de doutoramento, con 26 titulacións en ámbitos moi diversos do coñecemento, entre elasMatemáticas, Enxeñaría Informática, Enxeñarías Industriais, Ciencias Ambientais, Psicoloxía, Pedagoxía, Educación Social, Ciencias Políticas, Dereito e Historia, todas elas sen nota de corte, o que permite ao estudantado escoller itinerarios acordes cos seus intereses e vocación sen a presión das cualificacións de acceso.
Así mesmo, explicáronse os procedementos de admisión e matrícula, abordando prazos, requisitos e cuestións prácticas relevantes. Tamén se puxo de relevo a flexibilidade metodolóxica da institución e os recursos de apoio dispoñibles, entre eles os traslados de expediente, as convalidacións e a xestión de bolsas, facilitando que cada estudante adapte a súa formación ás súas circunstancias persoais e profesionais.
Con iniciativas como esta, a UNED de Lugo reforza o seu compromiso coa orientación educativa e cun modelo universitario accesible, flexible e centrado no éxito académico do alumnado.