CUAC FM celebra o seu 30 aniversario hoxe con música e disfraces na sala Mardi Gras

CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, continúa cos actos de celebración do seu 30º Aniversario. Nesta ocasión integrando un concerto e un concurso de disfraces en pleno entroido coruñés. A mitica Sala Mardi Gras acollerá esta noite o concerto da Mellor Banda Local do Concurso de Bandas e Solista de CUAC FM en 2025. O Premio Eva Coyote foi para Crowded, un xoven quinteto que se move entre o Metal Alternativo e o grunge. As portas abren ás 22:00 e o comezo está previsto para ás 22:30. A  entrada é gratuita mais, que o desexe, pode facer aportacións voluntarias que irán íntegramente para a Cociña Económica da Coruña.

Concurso de Disfraces

Dende as 00:30 ata a 1:30 serán as inscricións para o Concurso de Disfraces que repartirá 500 euros en premios. Haberá duas categorías, colectiva e individual con 150 e 100 euros para os primeiros premios. Todas as persoas que se apunten deberán pasar polo esceario para amosar o seu disfraz e o seu cachondeo. A actitude será moi importante para levar premio.. A festa prolongarase ata a madrugada, como merece un bo entroido. Ambas actividadades actos contan coa colaboración da área de Cultura da Deputación da Coruña. 

En  marzo chegarán máis propostas cunha gran foto de toda a cidadanía na Praza de María Pita o día 21, un concerto no Teatro Colón o día 27 e unha presentación do libro Que bonitas son as ondas radiofónicas o día 31 na Libraría Lume.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios