A Deputación da Coruña financia con 900.000 euros os servizos de limpeza de praias en 41 concellos coruñeses

Xunto co programa de contratación de socorristas, supón a creación de arredor de 300 empregos durante a tempada estival.

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional do programa de limpeza de praias 2026, a través do cal financia con 900.000 euros este servizo en 41 concellos costeiros da provincia.

A finalidade do programa é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos derivados da contratación do persoal das brigadas de limpeza dos areais durante os meses de verán, así como da adquisición do material necesario para o desenvolvemento dos traballos, como vestiario, maquinaria lixeira ou combustible.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou a importancia dun programa que “contribúe a que as praias da provincia da Coruña estean en condicións óptimas durante a tempada turística, ao tempo que apoia economicamente aos concellos e impulsa a creación de emprego local”.

Formoso subliñou tamén que “falamos dun investimento directo que reforza a calidade ambiental dos nosos areais e que, sumado ao programa de socorrismo, permite a contratación cada verán de arredor de 300 persoas nos concellos costeiros”.

As subvencións concedidas permiten financiar brigadas cunha duración máxima de ata tres meses, dentro do período comprendido entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2026. As contías das axudas oscilan entre algo máis de 6.700 euros e preto de 31.000 euros, en función de criterios obxectivos.

Para a baremación das solicitudes, a Deputación aplica criterios como a superficie total das praias existentes en cada termo municipal, segundo os datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e a poboación oficial de cada concello, de acordo cos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

Solicitudes concedidas provisionalmente

Programa de limpeza de praias 2026

ConcelloImporte subvención
Concello da Coruña24.767,25 €
Concello da Laracha23.528,89 €
Concello da Pobra do Caramiñal23.219,30 €
Concello de Ares19.813,80 €
Concello de Arteixo24.767,25 €
Concello de Bergondo23.219,30 €
Concello de Boiro25.386,43 €
Concello de Cabana de Bergantiños13.674,31 €
Concello de Cabanas22.909,71 €
Concello de Camariñas26.315,20 €
Concello de Carballo30.959,06 €
Concello de Cariño16.925,02 €
Concello de Carnota29.101,52 €
Concello de Cedeira11.320,60 €
Concello de Cee21.671,34 €
Concello de Corcubión6.768,00 €
Concello de Dumbría19.504,21 €
Concello de Fene21.980,93 €
Concello de Ferrol30.959,06 €
Concello de Fisterra26.005,61 €
Concello de Laxe25.696,02 €
Concello de Malpica de Bergantiños11.151,58 €
Concello de Mañón22.684,23 €
Concello de Miño24.767,25 €
Concello de Mugardos20.123,39 €
Concello de Muros24.767,25 €
Concello de Muxía19.212,18 €
Concello de Narón21.671,34 €
Concello de Neda6.768,00 €
Concello de Noia19.747,62 €
Concello de Oleiros27.863,16 €
Concello de Ortigueira25.793,16 €
Concello de Outes7.272,07 €
Concello de Paderne17.956,26 €
Concello de Ponteceso29.411,11 €
Concello de Pontedeume20.123,39 €
Concello de Porto do Son29.411,11 €
Concello de Rianxo21.980,93 €
Concello de Ribeira27.553,57 €
Concello de Sada23.838,48 €
Concello de Valdoviño29.411,11 €

Importe total concedido: 900.000,00 €.

Comparte éste artículo
No hay comentarios