Abril de Libros nas bibliotecas de Dumbría en Semana Santa

As cinco bibliotecas do Concello de Dumbría énchense de actividades polo mes dos libros e arrancan con obradoiros que buscan promover a lectura e ser facilitadores da conciliación familiar na Semana Santa.

Para conmemorar o mes do Libro e o día mundial do libro e o dereito de autor, nas nosas bibliotecas estendemos a celebración ao logo do mes, programando diversas actividades de fomento da lectura e de promoción do uso das bibliotecas.

O Abril de Libros na Semana Santa será o aperitivo a un mes cheo de actividade, organizando distintos obradoiros de animación á lectura:

Obradoiros de manualidades en madeira coa temática da Pascua

Obradoiros de encadernación

Bibliotecarias/os por un día. Aprende a moverte na túa biblio

Obradoiros de manualidades de primavera

Haberá bibliotecas abertas en horario de mañá e tamén de tarde para favorecer a conciliación das familias dumbriesas. O acceso a todas estas actividades é libre e gratuíto, ata completar aforo.

Nuns días achegaremos toda a programación do Abril de Libros, que continuará con actividades programadas a través do programa Ler Conta Moito, da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia coas que achegaremos actuacións e obradoiros a cada unha das 5 bibliotecas de Dumbría.

Comparte éste artículo
No hay comentarios