9Louro lanza “Amorrer”, o segundo disco do artista do momento na música urbana galega

A presentación na Sala Capitol esgotou entradas en apenas 30 minutos.

 9Louro presenta Amorrer, o seu segundo álbum, un traballo que consolida a súa voz dentro da nova música urbana galega. Con 14 temas que mesturan electrónica, ritmos urbanos emelodías emocionais, o disco constrúe un universo sonoro propio, cunha narrativa intensa sobre o amor, a perda e a identidade xeracional. A naturalidade no uso da lingua galega segue a ser un dos sinais de identidade de 9Louro, empregada como vehículo expresivo principal e integrada de forma orgánica nunson contemporáneo e global.

Amorrer inclúe colaboracións con West Srk, Dirty Suc, Lil Chachi, Chris Indian e Ortiga, que achegannovas texturas a un disco diverso e cohesionado. 

Tracklist:

• Invernos

• Cando Sea

• Acabamos Mal

• Invensible (ft. West Srk)

• Pelijroso

• Un Silensio

• Volver a Naser (ft. Dirty Suc)

• Tal Ves

• Estaremos Mortos (ft. Lil Chachi)

• Vieta

• Non Se-Para (ft. Chris Indian)

• Nin Me Emosiono

• Veráns (ft. Ortiga)

• Fíos

A produción musical correu a cargo de Yuly, quen xunto con 9Louro logra un son diverso que combina trap, electrónica e influencias orgánicas, consolidando un estilo propio e recoñecible. A presentación oficial do disco en Sala Capitol, Santiago de Compostela, bautizada como “A Nuite Dos Non Mortos”, esgotou entradas en 30 minutos, confirmando a conexión directa do artista coa súa comunidade de seguidores.

Ao longo da súa traxectoria, 9Louro —proxecto persoal de Martín Louro, natural de Muros— foigañando impulso e atención crecente entre a mocidade. A súa actuación no marco do Outono Cultural da Universidade de Santiago de Compostela reuniu centos de persoas formando colas que se estendían por varias rúas ao redor da igrexa da USC, quedando moita xente sen poder acceder ao recinto polo completarse o aforo, un síntoma claro da enorme conexión do artista co seu público e o fenómeno de afección que conecta coas novas xeracións. 

O lanzamento de Amorrer vén acompañado dunha proposta escénica que combina música, iluminación e narrativa visual, ofrecendo unha experiencia inmersiva que percorrerá diferentes salas e festivais ao longo da xira 2026 nos que destacan os xa anunciados Rompetiño de Porto do Son e Lingua Urbana de Vigo.

Créditos audiovisuais

• Dirección + Dirección de Fotografía: Antón Vidal

• Script + Produción: Martín Dubert e Gala Brea

• Montaxe + Edición: Abraham MB

• Iluminación + Cor: Carlos Grela

• Arte + Lettering: Domingo Cerramos (Roberto Domínguez) e Abraham Moreno

• Produción Musical + Mix & Master: Yuly ( Julián Otero )

Comparte éste artículo
No hay comentarios