A UDC organiza “Arquitectura en modo IA”, xornada na que se analizará o impacto desta tecnoloxía no deseño e a práctica arquitectónica

Terá lugar o próximo 26 de febreiro pola tarde no salón de actos da ETSAC.

A Escola Tecnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (ETSAC)celebrará o próximo 26 de febrero a xornada Arquitectura en modo IA, un encontro académico dedicado a analizar o impacto da intelixencia artificial no deseño, a investigación e a práctica profesional arquitectónica. Esta actividade, que se desenvolverá en sesión de tarde, reunirá a especialistas de distintas institucións europeas e combinará conferencias cunha mesa redonda aberta ao debate entre academia e práctica. 

Está organizada polo Departamento de Expresion Grafica da ETSAC e a investigadora Ana Cocho-Bermejo, quen será a encargada de inaugurar a xornada. Arquitecta pola Universidade da Coruña (2004), doutora en Tecnoloxía en Arquitectura pola UPCBarcelona Tech e posuidora dun MPhil en Intelixencia Artificial, vén de ser distinguida cunha bolsa Beatriz Galindo. Foi beneficiaria de bolsas da Fundación Pedro Barrié e da Fundación UniversiaBanco Santander e realizou estancias na Bartlett School (UCL), na University of California Santa Cruz e na Technische Universität de Berlín. Na actualidade traballa no deseño de programas interdisciplinares orientados a integrar a IA no deseño arquitectónico e no soporte tecnolóxico computacionalda institución.

A súa conferencia inaugural  estará centrada na transformación dos procesos de proxecto arquitectónico mediante sistemas algorítmicos e modelos de aprendizaxe automática. A intervención abordará como a IA non debe entenderse únicamente como unha ferramenta de representación, senón como un novo medio cognitivo capaz de participar na xeración, avaliación e toma de decisións dentro do proceso de deseño. 

A xornada continuará coas intervencións de investigadores procedentes de UIC Barcelona e da Architectural Association de Londres, centradas respectivamente na integración de tecnoloxías computacionais na práctica profesional e no ensino avanzado de arquitectura computacional.

O encontro concluirá cunha mesa redonda na que se debatirán os retos éticos, pedagóxicos e profesionais que introducen a intelixencia artificial nestadisciplina. Entre as cuestións a discutir figuran a transformación dascompetencias profesionais do arquitecto, o papel dos datos no proceso proxectual e o impacto da IA na formación universitaria.

Esta actividade, de inscripción gratuíta, enmárcase nas iniciativas académicas orientadas a fomentar a transferencia de coñecemento entre investigación e práctica profesional, así como a preparar aos novos profesionais da arquitectura para un contexto disciplinar en rápida transformación tecnolóxica. 

As persoas interesadas poden inscribirse a través deste formulario habilitado.

Comparte éste artículo
No hay comentarios