O PP de Lourenzá critica “o nulo control” da alcaldesa nas obras do campo da festa que contaminaron o rego da Fonte do Cura

Os concelleiros do PP de Lourenzá denuncian a contaminación do rego da Fonte do Cura, na parroquia de Santo Tomé, como consecuencia das obras de alquitranado do campo da festa e na entrada do cemiterio.

Os concelleiros do PP de Lourenzá fanse eco das numerosas queixas recibidas por parte dos veciños e critican “o pouco ou nulo control realizado por parte da alcaldesa e do equipo de goberno” destes trabalos que encheron de alquitrán o rego da Fonte do Cura “pudendo provocar un grave dano medioambiental”.

Neste senso, os concelleiros do PP de Lourenzá esixen explicacións á alcaldesa e que dende o Concello de Lourenzá se poñan en marcha todos os mecanismos precisos para limpar o rego e garantir de novo o bo estado ambiental.

Ademais, dende o PP de Lourenzá reclaman á rexedora que se garanta a limpeza da fonte xa que actualmente tamén está chea de alquitrán, “dando unha imaxe moi mala”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios