O portavoz do PP local, José Fernández Carrete, agradece que “os representantes populares na Cámara Alta se fagan eco das demandas do noso municipio” trasladando a necesidade de “actuar nun tramo da antiga estrada nacional que dá acceso aos núcleos de Cruzul, Ousón e Guillén para corrixir as deficiencias no seu firme”.
“O Goberno de Sánchez asegura en resposta oficial ás nosas preguntas que están previstos labores de conservación ordinaria do firme na N-6a no tramo de Cruzul, pero non concreta prazos”, segundo manifesta José Manuel Balseiro.
Os tres senadores do PP lucense pola provincia -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- dirixían formalmente preguntas ao Executivo para reclamar explicacións sobre o deterioro da N-6a tanto en relación á mellorado firme como aos prazos que contempla para a súa recuperación, pero “negouse a ofrecer unha data”.
Os populares esixen solucións ante o grave deterioro que presenta a vía ao seu paso polo municipio de Becerreá. “As deficiencias no firme deberían estar xa corrixidas”, apuntan.
O portavoz do PP local, José Fernández Carrete, agradece que “os representantes populares na Cámara Alta se fagan eco das demandas do noso municipio trasladando esta necesidade nun tramo da antiga estrada nacional que dá acceso aos núcleos de Cruzul, Ousón e Guillén e que resulta fundamental para a mobilidade diaria de numerosos veciños e veciñas, que levan tempo sufrindo as consecuencias dun firme en moi mal estado.
En concreto, o tramo afectado sitúase entre os puntos quilométricos 464+700 e 467+200, unha zona na que o pavimento presenta buratos e firme desfeito que dificultan a circulación e supoñen un risco para a seguridade viaria.
Os senadores lucenses sinalan que “o Goberno do Estado recoñece na súa resposta oficial que a vía precisa actuacións” e agardan que “Sánchez cumpra coas súa obriga de manter en boas condicións as estradas da súa titularidade, como é a antiga nacional sexta, para garantir a seguridade dos usuarios e usuarias”.
Aínda que os populares dubidan da dilixencia do Estado toda vez que “o estado de todas as vías de titularidade estatal na provincia evidencia o maltrato a Lugo pola parte do Goberno de Sánchez”.