Lidia García gaña o Premio Despunte 2026 pola súa colección Esmorecen

Ainhoa Iglesias Brea, recibiu o Premio Fusión Artesanía e Moda, á Mellor Colección que fusiona a Artesanía na Moda, dotado con 1.500€ e patrocinado por Artesanía de Galicia.

Lidia García gañou o Premio Despunte, ao Mellor Traballo Fin de Estudos do Grao en Deseño de Moda, dotado con 1.500€ pola súacolección Esmorecen. Este galardón patrocinado por Euro Prosem foi entregado por Sara Vázquez, socia, CEO e directora creativa e de tendencias de Euro Prosem; e Eugenia Pérez, Directora Xeral de Ensinanzas Artísticas.

Na XVI Gala Despunte celebrada esta tarde no Museo Centro Gaiás tamén se recoñeceu o traballo de Israel Rúaque recibiu o Premio Miscelánea á Mellor Colección de Moda de 3º curso, dotado con 500€ e patrocinado por Digipress (foi entregado por Inés de Sáa, directora de Digipress) pola colección Lo que deja el silencio. Pola súabanda, Ainhoa Iglesias Brea, recibiu o Premio Fusión Artesanía e Moda, á Mellor Colección que fusiona a Artesanía na Moda, dotado con 1.500€ e patrocinado por Artesanía de Galicia por De perna mala non se olvida. Elena Fabeiro, Xerente da Fundación Artesanía de Galiciaentregou o galardón. 

O xurado de moda estivo formado por Sara Vázquez(socia, CEO e Responsable de Tendencias e DirecciónCreativa de EURO PROSEM e ex alumna), Gloria LópezSantomé (deseñadora de moda en Pull&Bear e exalumna), Patricia G. Lema (coñecida como Donkey Cool, xornalista freelance de moda, tendencias e viaxes de La Voz de Galicia e Voces de A Coruña) e Laura Villar, gañadora da anterior edición de Despunte.

En total, puideron verse 136 estilismos repartidos en 33 coleccións. 8 das deseñadoras e deseñadores egresados da última promoción do Grao en Deseño de Moda (na categoría de Despunte); 25 realizadas por estudantes de último curso (Miscelánea) e este ano, como novidade, tamén desfilou unha colección convidada dunha das escolas Erasmus socias, a Academy of Fine Arts of Macerata (Italia). A da deseñadora Alice Vitali, titulada Flay.

Escaparate e galardóns de xoieríadeseño de produto, escultura e foto

O desfile das coleccións de moda do alumnado da Escolade Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo (EASDMM) é o gran protagonista dun evento xaconsolidado no panorama galego, pero tamén é o marco no que se entregan os galardóns a tódalas disciplinas impartidas no centro. Para darlle mais visibilidade ao resto de disciplinas e xerar un diálogo coa sociedadesantiaguesa, dende o pasado 26 de febreiro e até o día 15 de marzo, a Mostra Despunte expón os cinco melloresproxectos finais das Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño de Produto e das Ensinanzas Artísticas Profesionais de Fotografía, Técnicas Escultóricas e Xoiaría Artística, servindo de escaparate ininterrompidoaberto ao público xeral na Fundación Eugenio Granell.

O Premio “A Lingua: Arte da túa Terra” 2026, dotado con 200€, patrocinado por: Galteo (Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EASD Mestre Mateo) foi entregado polo Equipo de Dinamización da LinguaGalega (representado por Rosa Figueroa, Teresa Cebeiro e Leo Vázquez). Os premiados foron Carla BernárdezMéndes, do Ciclo Formativo de Grao Superior en Fotografía; Diego Ares Liñares, do Ciclo Formativo de Grao Superior en Técnicas Escultóricas e Laura SabelRivas, do Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Produto. 

O Premio de Deseño Circular 2026, ao Mellor Proxectorealizado con pneumático reciclado, dotado con 500€, patrocinado por Signus Ecovalor (entregado por Fernando Coucheiro, de Urbaser, en representación de SignusEcovalor) recaeu en Anxo Pita

O Premio Despunte, ao Mellor Proxecto Final do Ciclo Formativo de Grao Superior de Fotografía, dotado con 500€ e patrocinado por González Almacén recaeu enMateo Jáuregui Pérez, por “Raíces”. Foi entregado porPablo González, xerente de González Almacén; e Juan Adrio, director da EASD Mestre Mateo.

O Premio Despunte, ao Mellor Proxecto Final do Ciclo Formativo de Grao Superior de Técnicas Escultóricas, dotado con 500€ e patrocinado por PaudePedra foi para César Loza García, por “Reprodución do busto do emperador Aulio Vitelio”. María Nova, de PaudePedra; e Juan Adrio, director da EASD Mestre Mateo entregaron o galardón.

O Premio Despunte, ao Mellor Proxecto Final do Ciclo Formativo de Grao Superior de Xoiaría Artística, dotado con 500€ e patrocinado por Ourives de Compostelarecaeu en Sandra Marcuño Riveiro, por “Isomorfías”. Enrique Fink, Presidente de Ourives de Compostela, e Juan Adrio, director da EASD Mestre Mateo entregaron o premio.

Ana Picos Martínez recibiu o Premio Despunte, aoMellor Traballo Fin de Estudos do Grao en Deseño de Produto, dotado con 1.500€ e patrocinado por SignusEcovalor por por “Amano”. O premio entregáronoFernando Coucheiro, de Urbaser, en representación de Signus Ecovalor; e Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago de Compostela. 

Sinerxías co sector profesional e instituciónscolaboradoras 

A gala, conducida por Rocío R. Padín, reuniu a 700 persoas na Cidade da Cultura e emitiuse por streaming a través da canle de YouTube da escola para todos aquelesque non conseguiran un dos solicitadísimos convites. 

Durante a mañá do xoves, o evento seviu como punto de encontro para xornadas de recrutamento de talento por parte de destacadas marcas do sector téxtil como Bimba y Lola, Adolfo Domínguez, Textil Lonia, El Pulpo, Pull&Bear e Zara, consolidando o vencello entre as ensinanzas artísticas e o mundo profesional. 

A organización desta edición é posible grazas ao apoio de diversas entidades e profesionais colaboradores, entre os que destacan a Consellería de Educación; a FundaciónCidade da Cultura (pola cesión do espazo para a gala); a Fundación Eugenio Granell (que cede o espazo para a exposición); e o IES Lamas de Abade, CS Estilismo y dirección de peiteado e CM estetica en beleza (que se encargou do peiteado e maquillaxe das modelos e da presentadora); as modelos; Laura Villar (responsable do estilismo da presentadora); a Comunidade educativa da EASDMM que se volca no evento; o Alumnado Fotografía (que fai a reportaxe gráfica); o Alumnado 1o e 2o Moda que se converte no persoal de apoio (staff) en tarefas esenciais de

loxística, backstage e acomodación (seating) e Alumnado do CFGS de Técnicas Escultóricas, que elaborou os trofeos dos Premios Despunte, que é unha das novidadesdeste ano.

Visibilizar o traballo do alumnado é un dos grandes obxectivos desta cita xa consolidada no calendario galegoe que xa vai pola súa XVI edición. A presente edicióndestacou tamén pola súa marcada proxeccióninternacional. A gala coincide coa celebración dunha staff week de Erasmus, que trae á EASD Mestre Mateo a 3 docentes da Centar de Mostar (Bosnia), a través do Consorcio de Artes e 4 docentes da Ongulasma Enstituleride Izmir (Esmirna, Turquía), a través do CAFI. 

Patrocinadores

• Euro Prosem, empresa galega, con delegación en Delaware (EUA), de xestión integral, con máis de 30 anos de traxectoria especializada no desenvolvemento de proxectos 360o de licensing para apparel e complementos.

• Signus Ecovalor, entidade sen ánimo de lucro fundada en maio de 2005 polos grandes fabricantes de pneumáticosco obxectivo de ofrecer un mecanismo sinxelo para que calquera produtor ou importador poida cumprir coas súasobrigas legais en materia de reciclaxe e xestión de residuos.

• Fundación Artesanía de Galicia é unha entidade senánimo de lucro, dependente da Xunta de Galicia (Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) creada en 2003, que impulsa, promociona, forma e comercializa o sector artesanal galego.

• PaudePedra, un taller lucense que redefine o traballo en pedra. O proxecto une o saber facer da cantaría clásica coa tecnoloxía máis avanzada para ofrecer soluciónsexclusivas e de alto impacto en proxectos de arquitectura e deseño.

• Digipress é unha empresa especializada na industria gráfica con máis de 20 anos de traxectoria. Ofrece servizos de asesoramento, formación e estandarización na xestión da cor, ademais de solucións de automatización e equipos de impresión de gran formato.

• Ourives de Compostela, asociación creada en 1983 para defender e promover a histórica ourivesaría compostelá. A entidade agrupa a talleres, profesionais e comercios coobxectivo de preservar este legado cultural e impulsar o traballo do

sector na actualidade.

• González Almacén Fotográfico, empresa lucense con máis de vinte anos de

experiencia, especializada na venda e distribución de equipamento fotográfico e de vídeo. Actúa como distribuidora oficial para o norte de España de marcas como Canon, Fujifilm, Profoto, Zhiyum e Insta360.

Comparte éste artículo
No hay comentarios