O BNG de Dumbría impulsa unha iniciativa para apoiaras reivindicacións laborais dos traballadores de Xeal

Os nacionalistas rexistran unha moción na que solicitan á corporación municipalque se pronuncie a favor do cadro de persoal na defensa dun convenio colectivo digno que garanta o mantemento do poder adquisitivo.

O BNG de Dumbría vén derexistrar unha moción no Concello na que solicita ácorporación municipal que amose o apoio institucional ás reivindicacións do cadro de persoal de Xeal, en defensa dun convenio colectivo digno que garanta o mantemento do poder adquisitivo e unhas condicións laborais xustas. Na iniciativa,que será debatida no vindeiro pleno ordinario, a formación nacionalista insta á dirección da empresa “a desbloquear de maneira inmediata a negociación colectiva, actuando con boa fe, con responsabilidade social e vontade real de acordo”.

Así mesmo, o BNG pide á corporación dumbriesa que apostepolo emprego industrial na comarca, garantindo a vinculación efectiva entre a explotación hidroeléctrica e a actividade produtiva e o mantemento dos postos de traballo. E ademaisinsta á Xunta de Galiza a exercer as súas competencias “para velar polo cumprimento das condicións da concesión e polo interese público, asegurando que os recursos naturais da comarca revertan en emprego e desenvolvemento económico”.

O portavoz municipal do BNG, Xaime Trillo, afirmou que “anosa intención era debater a moción na sesión plenaria celebrada este xoves 5 de marzo, e por iso presentámola pola vía de urxencia, pero lamentablemente a maioría dos edís votaron en contra de que a iniciativa fose tratada no pleno;cuestión que criticamos, pois cremos que se trata dunhacuestión que está candente nestes momentos, e o Concello de Dumbría, como administración máis próximas á veciñanza, non pode permanecer alleo a un conflito que afecta directamente ao emprego, á economía local e á cohesión social do territorio”.

O voceiro nacionalista engadiu que “na actualidade a negociación do convenio colectivo leva máis dun ano sen avances significativos, nun contexto marcado pola perda continuada de poder adquisitivo das persoas traballadoras, adeterioración das condicións laborais e a perda de máis de 80 postos de traballo nos últimos anos”.

Mocións sobre o agro e pesca

Xaime Trillo sinalou ademais que a corporación non apoiouno pleno de onte dúas mocións do BNG. Unha relativa á defensa do sector gandeiro e de rexeitamento ao acordocomercial UE-Mercosur, e outra de apoio á frota galega de pesca artesanal ante o regulamento de control impulsado pola Unión Europea.

O portavoz nacionalista subliñou que “lamentamos maiormente que PP e PSOE non votasen a favor da mociónsobre o acordo da UE con Mercosur, dada a importancia do sector agropecuario en Dumbría”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios