Éxito do II Encontro de Combatlon en Visantoña

Visantoña -Santiso acolleu o II encontro de Combatlón  da tempada 25/26. O encontro reuniu a representantes de club das catro provincias galegas, indicativo do tirón e o auxe que esta a experimentar o Combatlon, disciplina deportiva, que nace aquí no cerne  de Galicia e que une a Esgrima, Loita e Kickboxing, nunha soa disciplina sendo denominado o tríatlon dos deportes de combate.

O encontro desenvolveuse con gran fluidez e alegría dos participantes o dos pais que puideron comprobar de primeira mao o entusiasmo dos deportistas na práctica do Combatlón.

A Escola Ayude de Arzúa foi a anfitrioa ,os adestradores encargados de dirixir o adestramento foron Cora e Aron Ayude e Daniel Sobrado ,dirixidos polo fundador desta disciplina Jose Ayude a entidade fundadora deste deporte que figura como disciplina asociada a Federacion Galega de Loita, a cal dende a asociación galega de Combatlón agradecemos todo o apoio que prestou e segue prestando para a promoción dista nova disciplina que nace aquí na nosa terra.

Clubes participantes:

Olimpia do Carballiño-Ourense

Artai de ourense

Galaico de Lugo

Two Warriorirs de Lalin-Pontevedra

Keltoi de vila de cruces-Pontevdra

Escuela Ayude de Arzua-Coruña

Escuela de combate M.A. de Coruña.

A próxima cita será en Vila de Cruces para o III encontro de combatlón, antes do campionato Galego programado para xuño en Arzúa.

Comparte éste artículo
No hay comentarios