Trátase dunha mostra máis “do desprezo de Sánchez a Galicia e particularmente á provincia de Lugo” polo que defenden “o mesmo trato que o resto do país” porque “non queremos ser máis, pero tampouco menos ca ninguén”.
Os senadores do PP lucense –José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- advirten que o Goberno de Sánchez “non prevé a creación dunha nova praza xudicial nin en Viveiro, nin en Sarria”.
Os populares interesáronse dende o Senado por coñecer os plans do Ministerio de Xustiza despois de que anunciara o pasado 26 de xaneiro a creación de 500 novas unidades xudiciais, segundo queda acreditado pola resposta oficial, “ningunha delas nestes municipios”.
Os senadores lucenses do PP condenan que o Goberno de Sánchez desprece as necesidades nos xulgados de instancia de Viveiro e Sarria. Chega incluso a negarque o xulgado de Viveiro estea “desbordado dende fai anos” ao apuntar que se trata de “sobrecarga de traballo puntual”.
O Ministerio di que para estes casos unicamente prevé medidas de reforzo, pero non a creación dunha nova unidade xudicial, afirmación que fai aínda que obrigado a recoñecer que o plan de Xustiza está aínda en fase de tramitación e aíndapendente dos informes do Consello Xeral do Poder Xudicial e das Comunidades Autónomas, segundo recolle a resposta oficial do Goberno aos senadores.
Para os populares esta é unha mostra “do desprezo de Sánchez a Galicia e particularmente á provincia de Lugo”. Por iso, insisten en defender “o mesmo trato que o resto do país” porque “non queremos ser máis, pero tampouco menos ca ninguén. Os lucenses temos dereito a unha xustiza próxima e áxil”, conclúen.