Xornada Estatal “Paremos a Guerra en Oriente Medio. Non esquezamos Gaza”.

En ,Coruña, Ferrol, Padrón, Cerceda, Toques, Tui, Rianxo, San Cibrao (Cervo), O Barco de Valdeorras, Pontevedra, Vigo, Portodoson, Lugo, Betanzos, Silleda, Monforte, Santiago de Compostela, Vilagarcía, Redondela, Pontedeume, Ares e Xinzo as concentracións celebráronse no marco da Xornada Estatal “Paremos a Guerra en Oriente Medio. Non esquezamos Gaza”, organizado este sábado pola plataforma PararLaGuerra.es en máis de 140 localidades de toda España.

Entre as organizacións que asistiron ás distintas concentracións Galegas están PSOE,XSG, Movemento Sumar, Recortes Cero, UCE, CCOO, UGT, M+J, HOAC, Amnistía internacional, Mundo sen Guerra e sen Violencia

En Santiago de Compostela, leeuse entre varios dos asistentes o Manifesto, que «condena inequivocamente os ataques levado a cabo por Estados Unidos e Israel contra Irán, que constitúen unha violación do dereito e a legalidade internacionais. Son unha grave ameaza para a paz na rexión e un perigo para a paz mundial».

«Condenamos firmemente o réxime criminal dos aiatolas e o asasinato de miles de persoas nos últimos meses… É o pobo iraniano quen debe decidir o seu futuro.

Nada xustifica os bombardeos salvaxes dos Estados Unidos e Israel que mataron a centos de persoas inocentes.

Comparte éste artículo
No hay comentarios