O PP de Lugo esixe dignidade para o béisbol no Ceao ante o abandono do Goberno local.

A día de hoxe, o campo carece de servizos tan básicos como vistiarios ou baños, o que obriga aos deportistas a xogar en condicións de absoluta precariedade. A esta falta de servizos súmase o deterioro das gradas que, ao non ter cuberta, deixan aos afeccionados totalmente desprotexidos fronte á chuvia e ao frío.

O concelleiro popular Damián Carballo lamentou a falta de vontade política para solucionar o problema»Preguntámonos se o custo é tan elevado como para que o Concello non sexa capaz de instalar, cando menos, unha cabina sanitaria que permita aos usuarios facer as súas necesidades cun mínimo de dignidade».

Comparte éste artículo
No hay comentarios