9Louro ergue o seu universo en Capitol

O artista urbano galego confirma a súa consolidación cun directo vibrante e conectado co público de principio a fin.

Descubre más noticias musicales cómo ésta

O 19 de marzo de 2026, a Sala Capitol de Santiago de Compostela acolleu a presentación oficial de Amorrer, o novo álbum de 9Louro, consolidando ao artista como unha das voces máis destacadas da nova escena musical galega. As entradas esgotáronse en apenas 30 minutos, anticipando o éxito desta cita na sala por excelencia de Galicia.


Desde o primeiro instante, a atmósfera na sala foi eléctrica: o público respondeu con entusiasmo a cada tema, cantando e bailando tanto os novos temas de Amorrer como algunhas das cancións máis coñecidas do repertorio de 9Louro. O concerto contou cun total de 22 temas, acompañados por unha impactante narrativa visual que reforzou a experiencia e transportou ao público ao universo creativo do artista.
Acompañaron ao artista os bailes dos muradáns Claudia, Leire, Laura e Aday, una mostra máis do talento cultural e novas xeracións locais que non deixa de aflorar na vila.


Estiveron tamén West SRK, Xanma Louro e Samuel González de The Rapants, Dirty Suc, Chris Indian, Ortiga, Alberto Romero, Xián Pais, Willow, Kid Mount e por suposto Fabio Vázquez, compañeiro e amigo DJ que sempre acompaña a 9Louro.


O directo conseguiu trasladar a intensidade do disco ao escenario grazas a unha producción visual e sonora de alto nivel, onde cada luz, cada proxección e cada beat reforzaban a narrativa musical. A combinación de performance, imaxes e efectos permitiu que o público non só escoitase as cancións, senón que vivise o universo creativo de 9Louro de forma completa, convertendo cada tema nunha experiencia sensorial única.
Os arranxos dos temas máis coñecidos mesturáronse con novos sons, sempre baixo a producción de Yuly, mantendo unha coherencia estilística que caracteriza a 9Louro e reforzando o seu selo persoal dentro da música urbana galega. O público reaccionou con intensidade a cada momento clave do concerto, desde os ritmos máis explosivos ata os fragmentos máis íntimos, demostrando que a conexión entre artista e audiencia estaba totalmente consolidada.


Tras a celebración na Sala Capitol, 9Louro inicia agora unha xira de festivais e concertos en salas que promete ser larga e intensa, levando o universo sonoro de Amorrer a distintos escenarios de Galicia e máis aló. Nesta temporada de directos, o seu nome figura xa confirmado en varias citas importantes, combinando festivais de verán e actuacións en recintos musicais que conectan coa crecente audiencia da súa música

Próximas datas anunciadas:

27 de marzo – Lingua Urbana – Vigo
4 de abril – Festa do Queixo – Vilalba 5 de abril – Festas da Pascua – Padrón 14 de maio – Sound Isidro – Madrid 24 xullo – Son do Mar – Meaño
8 de agosto – Festa dos Botes – Arzúa

9Louro quere agradecer a todas as persoas que fixeron posible este soño: presentar un disco na Sala Capitol, o mesmo escenario no que, desde neno, contemplou aos seus artistas favoritos e no que agora el é o protagonista.

Especialmente, o seu agradecemento vai para o seu equipo técnico, que traballou arreo para facer posible este directo e preparar a xira que promete ser intensa. Grazas ao esforzo de son, iluminación, produción, vídeo, fotografía, arte e merchandising, o espectáculo alcanzou un nivel profesional que permitiu trasladar ao público toda a enerxía e o universo sonoro de Amorrer, para seguir aprendendo e disfrutando desta marabillosa profesión.

Fotos: Carlos Grela

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios