O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a Concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, visitaron as instalacións do Parque Infantil de Tráfico ubicado no Parque da Milagrosa, onde os distintos centros de ensino de Lugo están a desfrutar de cursos de educación viaria. A edi de Educación, Iria Buide, destacou que «centos de escolares de Lugo van desfrutar de formación en educación viaria impartida en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, unha formación de primeira calidade para as nenas e nenos», e engadiu «no PIT, as nenas e nenos poden simular diferentes situacións sobre mobilidade e tráfico nun entorno seguro». Durante o mes de marzo, catro centros de ensino de Lugo realizaron actividades no PIT.
«Coa posta en marcha destes cursos consolidamos esta instalación municipal como un centro referencial formación das nenas e nenos, obxectivo principal desta instalación», afirmou Buide, que destacou a importancia desta formación «que se oferta a todos os centros de ensino que o desexen, traendo ao PIT ao maior número de estudantes posible»
A Tenencia de Alcaldía traballa para «achegar coñecemento e boas prácticas sobre seguridade vial a todas as nenas e nenos do Concello de Lugo, a través das actividades do Parque Infantil de Tráfico, unha instalación referencial da cidade».