O PP de Lugo certifica a ‘defunción’ do Bipartito: Un goberno en descomposición que deixa a cidade á deriva

Na reunión celebrada onte da Xunta Local do Partido Popular de Lugo analizouse a situación actual do goberno municipal trala decisión da concelleira María Reigosa de pasar á condición de non adscrita, unha determinación que respectamos e que responde ao seu ámbito persoal e político.

Tanto a voceira do Grupo Municipal do Partido Popular, Elena Candia, como o presidente da Xunta Local, Ramón Carballo, coincidiron en que estamos ante unha crise sen precedentes no goberno local de Lugo, que require unha reflexión profunda.

O acontecido nas últimas horas volve evidenciar:

• Un goberno de dous, PSOE e BNG; que vai a menos, perde apoios e impulsa proxectos que xeran máis problemas que solucións, os últimos exemplos:

  • Un Plan de Mobilidade aprobado sen consenso e sen alternativas reais, que terá impacto negativo en moitos barrios
  • Anuncios que non supoñen avances, como o do tren a Madrid, que na práctica o que nos supón é adiantar o horario dun tren que xa existe, pero siguen deixando a Lugo a cidade con peores conexións ferroviarias
  • E actuacións bloqueadas como o convenio de Serra de Meira, que segue sen asinarse malia contar con financiamento da Xunta

Un bipartito máis preocupado do desgoberno interno que en solucionar os problemas da ciadanía

–        Falta de liderado do alcalde, cunha forma de gobernar afastada da empatía e do diálogo, e unha actitude de desprezo cara á oposición e, polo que se está vendo, tamén cara a membros do seu propio equipo de goberno

–         Un BNG que con tal de manter a súa cadeira non lle importou renunciar ao mandato que lle deron os seus votantes de liderar o goberno, en alusión a que Rubén Arroxo renunciou ata en 4 ocasións presentarse como candidato. Fala o nacionalista de que en política hai que ter conciencia de grupo, está para dar el leccións cando a súa conciencia de grupo é pactar con Tomé e Carmela

Os grandes perdedores desta situación son os lucenses, que teñen un goberno débil, en minoría e que non atende as súas necesidades

Comparte éste artículo
No hay comentarios