María Reigosa: ¿Ración de polbo ou ración de «censura» encuberta?

Di a canción, con esa graza sureña tan allea ao noso orballo, que Sevilla ten unha cor especial. Pero en Lugo, a cidade do Sacramento e das Murallas que todo o gardan, o que temos agora é un cheiro especial. E non, sinto decepcionar aos nostálxicos: o aire xa non transporta ese arrecendo a leña de carballo nin a cobre de caldeiro. Lugo xa non cheira a polbo; agora cheira a levanto a man aberta e rexeito o puño, será que o barco escora á dereita.

Lucus Augusti, esa bendita cidade onde o tempo parece parar, pero onde a política corre que valla, e a pregunta nas barras dos bares e debaixo dos soportais era unánime: ¿Que carallo se está cocendo a lume lento na casa do concello?

Os máis prudentes din que a pota aínda está ao lume, que as alianzas necesitan o seu punto de sal. Pero os máis atrevidos, eses que len o futuro nos pozos do café da Praza de España, aseguran que a moción xa non é un proxecto, senón un prato servido sin moción. Din que a «cocina» de María Reigosa, esa que agora parece ser a xefa de fogóns na sombra, xa non desprende o recendo da xestión municipal de toda a vida. Agora, o que sae polas fendas do consistorio é un intenso cheiro a liscos.

E xa saben o que pasa con o touciño: é forte, pega na roupa e avisa de que alguén se está dando un banquete mentres outros miran dende a rúa.

Pero o máis curioso desta nova gastronomía política lucense é o ingrediente principal. Claro que hoxe en día, por iso de que a ética está de moda pero a coherencia non, xa non se lle chama así. Agora a traizoar as siglas que che deron a oportunidade de ser concelleira chámanlle «reconfiguración de maiorías», «exercicio de responsabilidade» ou calquera outro eufemismo de deseño.

É curioso o de Lugo. É o maior «hospiral» de operacións policiais, sen pasar polo quirófano. Do eslogan. «E para comer, Lugo» pasamos ao «E para conspirar, Lugo». Mentres o PMUS e o PXOM bailan un minué de siglas que ninguén entende, o verdadeiro «menú do día» estase deseñando nos despachos, con moita graxa e pouca lealdade. Esta moción encuberta é como o pulpo á feira: moita paliza previa para que abande o lombo, moito aceite para que esvare a crítica e moito pemento picante para que a algúns se lles poña a cara vermella (aínda que moitos xa perderon a vergoña hai tempo). É a última moda en Lugo: disfrazar o transfuguismo de pragmatismo para que a traizón non cheire tanto como os torreznos que se friten na cociña de María Reigosa.»

Se ven a alguén cun baturrio de estratexia política na man e un prato de graxa na outra, non se enganen: non é un turista perdido polas rúas de Lugo, é a nova política lucense, que cambiou o cefalópodo pola lealdade fritida.

Comparte éste artículo
No hay comentarios